Condicións - Ecofogar.

Máis compras      

Condicións de uso:


Ecofogar funciona soamente coma un servicio para adultos; para poder ser cliente da nosa empresa vostede debe ter a idade de dezaoito anos cumprida. Por favor, non intente rexistrarse se vostede non alcanzou esa idade.

 

Cando cree ou modifique un perfil de usuario, unha ficha, un pedido ou unha mensaxe afirma que tén 18 anos e que leu e acepta os términos e condicións de uso e a política de privacidade de Ecofogar, e pulsando o botón de confirmación, vostede será rexistrado coma usuario e ca condición de aceptar os términos e as condicións descritas abaixo e aplicables para o uso do servizo proporcionado por Ecofogar.

 

Coma persoa adulta, vostede é o único responsable por calqueira información contida no seu perfil persoal e en todas as suas comunicacións. Ecofogar non pode pácticamente, vixiar ou controlar o uso do noso servizo polos usuarios, e non o fai en consecuencia. Por conseguinte vostede debe estar de acordo con aceptar a responsabilidade única pola legalidade de todas as suas accións baixo as leis en vigor. De igual maneira o cliente está limitado tamén por este Acordo de Usuario e debe estar de acordo e aceptar pola sua parte a responsabilidade pola legalidade de todas as suas accións baixo as leis en vigor. Ecofogar non se responsabilizará pola ilegalidade das accións dos usuarios.

 

 

Condicións de venda:

 

A realización dun pedido a Ecofogar supón a aceptación por parte do cliente das condicións legais que adxuntamos:

  • Os precios dos productos son en euros (€) e son válidos salvo erro tipográfico ou fin de existencias.
  • As vendas realizadas en Ecofogar ateranse ás leis españolas co conseguinte pago dos impostos correspondentes. Ecofogar só vende a territorio español.
  • Ecofogar non é responsable dos cambios nas especificacións e características dun producto ou cando un producto quede descatalogado sen previo aviso polo fabricante.
  • As fotografías que ilustran os artigos non se atopan no campo contractual e non poderán dar lugar a ningún tipo de compromiso por parte de Ecofogar.
  • Ecofogar resérvase en cada momento e unilateralmente o dereito a modificar o precio dos seus productos e servicios ofertados a través da sua páxina web. O precio dun producto será o vixente na publicidade coincidente co momento de formalizar o pedido.
  • Os productos que non teñan precio especificado por algún motivo (cero euros) deben consultarse para saber precio real e dispoñibilidade.

 

 

Condicións de envío:

 

  • Ecofogar resérvase o dereito a elexir o transportista máis adecuado para a entrega do pedido.
  • Ecofogar non é responsable dos posibles retrasos que puideran suceder ó longo dun proceso de entrega por empresas alleas á mesma. O pedido entregarase xeralmente entre 2 e 5 días laborables dende a confirmación do pago.
  • Os portes dependen de terceiras empresas e enténdense terminados á descarga ó pé do vehículo. Dependerá única e exclusivamente do chofer levar o producto máis alá do vehículo e en ningún caso se inclue subir os productos a ningunha planta, portais, xardíns ou lugares inaccesibles, polo que o cliente deberá ter disposta a man de obra necesaria para estas labores. Se o cliente desexa que se lle suba o producto a algunha planta, etc. deberá indicalo con antelación para que Ecofogar presuposte o sobrecusto que deberá ser aprobado e aboado previamente á carga.
  • Ecofogar garantiza que todos os seus envíos están cubertos por unha póliza de seguro. En caso que esta mercancía se extravíe Ecofogar garantiza que inmediatamente se enviará outro artigo de idénticas características ou se realizará a devolución do importe total que o cliente ingresou na nosa conta. Isto realizarase unha vez o transportista nos confirme o extravío do artigo.
  • Ecofogar recomenda revisar todo o material antes de firmar o albarán de conformidade.
  • En caso de deterioro da mercancía no transporte o cliente deberá facelo constar no albarán do transportista e notificalo por teléfono ó 981 850 975 ou por mail a info@ecofogar.com antes das 24 horas seguintes á recepción do pedido para empezar os trámites de reclamación ó transportista para a reposición da mercancía. Se non se comunican os desperfectos antes do tempo indicado ou non se indican no albarán do transportista, Ecofogar non poderá facerse cargo de ditas reclamacións.

 

 

Devolucións:

 

  • Conforme á lexislación vixente, pódese proceder á devolución dos productos, polo motivo que sexa nun prazo de 14 días naturais dende a recepción da mercancía polo cliente. Para elo débense cumprir as condicións expostas nesta páxina de condicións. Poderase facer cumprimentando o seguinte documento de desestimento e mandalo por mail a info@ecofogar.com.
  • Toda mercancía debe ser devolta na sua enbalaxe e condicións orixinais, en perfecto estado e protexida, evitando pegatinas, precintos ou cintas adhesivas directamente sobre a superficie e embalaxe do artigo. En caso contrario Ecofogar resérvase o dereito de rechazar a devolución.
  • A devolución debe realizarse dentro dos primeiros 14 días dende a recepción do pedido e os gastos de transporte orixinados pola devolución correrán ó seu cargo. Vostede é libre de elexir e buscar a axencia que máis se adapte ás suas necesidades ou lle ofreza as tarifas máis competitivas. Non obstante pode realizar o cálculo do custo que pode acarrearlle a devolución aquí: http://www.tourlineexpress.com/servicios/calculo.aspx
  • Unha vez recibida a mercancía e comprobada que está en perfectas condicións, tramitarase a devolución do importe. Devolverémoslle a totalidade do pago recibido de vostede. Realizarémoslle o abono nun prazo máximo de 14 días naturais dende que exerza o seu dereito de desestimento. Ata que non teñamos recibido os bens poderemos reter o reembolso.
  • O método de devolución do importe será o mesmo que se usou para a realización do pago.

 

 

Ecofogar:

 

Con nome fiscal: Sistemas Eficientes Ecofogar S.L.

Con enderezo postal: Av. Rocio,40, C.P. 15230, Outes (A Coruña)

Con mailinfo@ecofogar.com



Máis compras